RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Djalma: Teño moitas ganas de volver dar alegrías co meu xogo

Djalminha estivo a charlar co técnico deportivista tras a sesión de recuperación desta mañá "estivemos a falar sobre o equipo, sempre falamos, como fala con todos os demais". O xogador brasileiro mostrouse con moitas ganas de volver á titularidade "e dar

Djalma di atoparse moi ben "estou a traballar bastante pero claro, onde a xente pode ver iso é nos partidos. Eu atópome ben fisicamente, con ganas de colaborar co equipo, que tamén está moi ben".

En canto ao partido co Real Madrid, o xogador cre que o equipo debe saír concentrado "eles teñen grandes xogadores pero non podemos porllo fácil, temos que porlles medo, se non o terían fácil". "O equipo está disposto a todo e nada mellor que un partido como este para demostrar o que temos, non hai motivación maior. Ademais, está en xogo o título de inverno e o campión de inverno nos últimos anos foi campión de Liga, tamén" e engadiu "a liga non está nada definida, hai moito equipos loitando polo primeiro posto, o Madrid necesita a vitoria e nós tamén, pero animicamente para nós sería moi importante conseguir un bo resultado."