Esta tarde ás 18:00 na sede do Club na praza de Pontevedra, era presentado Goran Djorovic. O presidente do R.C. Deportivo, Augusto César Lendoiro, destacou que coa fichaxe do iugoslavo, a defensa do equipo, infestada de internacionais, está ao nivel das
O xogador, que acudiu á rolda de prensa acompañado do seu representante, Stojadinovic, agradeceu as palabras do presidente e afirmou que chegaba a un equipo grande e que esperaba devolver tanto ao presidente como á afección a confianza depositada no.
O iugoslavo indicou que o Deportivo cumplia todas as súas formulacións como novo club, valorou positivamente a participación na Champions, e mostrouse disposto a traballar para que o Deportivo continúe sendo un equipo importante tanto a nivel nacional como europeo.
Djorovic é coñecedor da dificultade para facerse un posto no equipo, xa que "tanto Naybet como Donato, César ou Helder son xogadores dun gran nivel". De Irureta dixo que hai 4 anos cando chegou a España, confiou no e axudoulle a integrarse no persoal.