RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Do Trofeo Luis Otero a outro 'clásico', o Concepción Arenal, este xoves en Ferrol

A oitava cita de pretemporada para o Deportivo será outro torneo clásico do fútbol estival, o Trofeo Concepción Arenal, que alcanza a súa 56 edición. O rival será o Racing de Ferrol, de Segunda División B, este xoves 27 de xullo ás 20:00 horas no campo da Malata.

A directiva do Club racingista fixou os seguintes prezos:

-Tribuna: 15 euros
-Preferencia: 12 euros
-Bancada de fondo: 10 euros
-Menores de 12 anos: 1 euro en calquera bancada

O Dépor inicia así unha nova semana de pretemporada con outros tres partidos amigables, no que sobe a esixencia dos rivais: ademais do Pontevedra, Racing de Ferrol (xoves 27 de xullo ás 20:00 horas) e en Porto (domingo 30 de xullo ás 20:30 horas, -19:30 en Portugal-).

O calendario de pretemporada é o seguinte:

13 de xullo: Racing Villalbés 0 - Deportivo 2 (Óscar Pinchi e Bruno Gama)
14 de xullo: Arosa 0 - Deportivo 7 (Óscar Pinchi, Aarón, Arribas -2-, Bruno Gama -2- e Borges)
15 de xullo: Silva 0 - Deportivo 5 (Óscar Pinchi, Andone, Pedro -2- e Celso Borges)
18 de xullo: Cerceda 0 - Deportivo 1 (Bicho)
20 de xullo: Somozas 1 - Deportivo 6 (Albentosa, Luisinho, Fede Valverde, Borges, Andone e Carles Gil)
22 de xullo: Bergantiños 1 - Deportivo 6 (Bruno Gama, Andone, Borja Valle, Arribas, Emre Çolak e Bakkali)
25 de xullo: Pontevedra 0 - Deportivo 5 (Fede Cartabia, Bakkali -2-, Borja Valle e Bruno Gama)
27 de xullo, 20:00 horas: Racing de Ferrol - Deportivo (A Malata, Ferrol)
30 de xullo, 20:30 horas -19:30 en Portugal-: FC Porto - Deportivo (O Dragão, Porto)
3 de agosto: Real Oviedo - Deportivo (Carlos Tartiere, Oviedo)
5 de agosto: Deportivo - West Bromwich Albion (Estadio ABANCA-RIAZOR)
12 de agosto: Tenerife - Deportivo (Los Cuartos, La Orotava)