RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Dobre duelo Celta - Deportivo en categorías xuvenil e cadete

O Celta e o Deportivo ven as caras este fin de semana en categoría xuvenil e cadete. O Dépor B de Liga Nacional visita o domingo ás 11:30 na Madroa ao Celta B. E na División de Honra cadete, o Dépor tamén xoga na Madroa ese mesmo domingo ante o conxunto v

O Deportivo xuvenil que milita en División de Honra recibe en 'O Mundo do Fútbol' á Ponte Castro, o domingo ás 12:00 horas.
Tamén en Abegondo, no campo de herba sintética, o Deportivo B cadete que milita na liga Galega xoga o sábado ás 16:30 ante o Imperator.
Xa en categoría infantil, Deportivo e Montañeiros ven as caras na liga Galega en partido que se xogará este sábado ás 11:00 horas no campo de herba sintética de 'O Mundo do Fútbol'. E en Liga Local infantil, a Santa María del Mar será o rival do Deportivo B, o sábado ás 17:00 en Elviña.
Por último, en categoría alevín, o Deportivo enfróntase ao Marola, o sábado ás 10:00 horas en La Torre.