RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Dobre triunfo en ANOSACANTEIRA na Medina Internacional Cup e calendario da fin de semana, co groso da xornada este sábado 20

A xornada da fin de semana en ANOSACANTEIRA arrincou este venres 19 de setembro con dous partidos correspondentes á 1ª xornada da Medina Internacional Cup.

O Alevín A superou ao CD Parquesol B (7-3) e o Fabril FC Alevín (na foto da noticia) venceu ao CD Viana de Cega.

O groso da xornada dispútase este sábado 20 de setembro.

O Xuvenil A recibe ao Racing de Ferrol (16:30) na segunda xornada da División de Honra.

Os pupilos de Miguel Figueira chegan ao encontro despois da derrota en Vigo pola mínima ante o RC Celta nun partido condicionado pola néboa que quizais debeu de ser suspendido.

En canto ao resto de categorías, o resto da xornada xógase o sábado 20 de setembro.

En casa xogan o Xuvenil B, ás 12:30 en Abegondo ante o Coruxo FC; e o San Tirso SD Infantil, ás 11:15 en Ou Monte ante o CD Victoria CF.

Na Coruña ás 10:00 compiten o Cadete na Grela 1 ante o Victoria CF; e o Infantil no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) fronte ao CD Calasanz.

E desprázase a Vigo o San Tirso SD Cadete para medirse en Condomínguez (12:30) ao ED Val Miñor Nigrán.

Finalmente, tamén os dous equipos benxamíns encaran o Torneo Internacional CD Arcade en O Salgueirón.

O domingo 21, o Fabril, líder do grupo 1º da Segunda Federación, mídese ao Salamanca CF UDS a partir das 17:00 (YouTube RC Deportivo).

Os fabrilistas suman 2 vitorias, con 5 goles a favor e 0 en contra.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O Club solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
3ª xornada: FABRIL - SALAMANCA CF UDS, o domingo 21 de setembro ás 17:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - RACING DE FERROL, o sábado 20 de setembro ás 16:30 en Abegondo (campo principal)

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B - CORUXO FC, o sábado 20 de setembro ás 12:30 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: VICTORIA CF - CADETE, o sábado 20 de novembro ás 10:00 na Grela 1

División de Honra, 2ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 20 de novembro ás 12:30 en Condomínguez (Nigrán)

Categoría infantil
División de Honra, 2ª xornada: CD CALASANZ - INFANTIL, o sábado 20 de novembro ás 10:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)

División de Honra, 2ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - VICTORIA CF, o sábado 20 de novembro ás 11:15 no Monte

Categoría alevín
Medina Internacional Cup, en Medina del Campo e Nava del Rey (Valladolid)
Primera Fase
Venres 19 de setembro
ALEVÍN A 7 (Diego Castelo -2-, Alberto Novo -2-, Enzo Fernández, Adrián Míguez e Leo Lorenzo) - CD PARQUESOL B 3

Sábado 20 de setembro
10:30: ALEVÍN A - SD INDAUTXU, no campo Condado de Haza
12:45: CULTURAL LEONESA - ALEVÍN A, no campo Condado de Haza
16:30: ALEVÍN A - CD ÍSCAR, en Foreal
19:30: CAPISCOL CF - ALEVÍN A, no campo Condado de Haza

Os dous primeiros e o catro mellores terceiros de grupo pasan á Fase Oro; os dous restantes terceiros e os cuartos pasan á Fase Plata; e o resto xogará a Fase Bronce

Medina Internacional Cup, en Medina del Campo e Nava del Rey (Valladolid)
Primera Fase
Venres 19 de setembro
FABRIL FC ALEVÍN 15 (Pablo Gómez -5-, Martín Martelo -2-, Martín Coronel -2-, Manu Parada -2-, Joel Losada, Mateo Pastorín, Nico Castro e César Leira) - CD VIANA DE CEGA 0

Sábado 20 de setembro
13:30: FABRIL FC ALEVÍN - CLUB GERNIKA, en Clarios Emea
16:30: CD PARQUESOL - FABRIL FC ALEVÍN, en Ignis
19:30: GETAFE CF - FABRIL FC ALEVÍN, en Clarios Emea

Os dous primeiros e o catro mellores terceiros de grupo pasan á Fase Oro; os dous restantes terceiros e os cuartos pasan á Fase Plata; e o resto xogará a Fase Bronce

Categoría benxamín
Torneo Internacional CD Arcade en O Salgueirón
Sábado 20 de setembro
Primera Fase
11:00: BENXAMÍN A - AROSA SC
13:00: VITÓRIA SC - BENXAMÍN A
15:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF

Segundo clasificación, os equipos acceden a cuartos de final

Torneo Internacional CD Arcade en O Salgueirón
Sábado 20 de setembro
Primera Fase
10:30: AJ LÉREZ - FABRIL FC BENXAMÍN
12:30: FABRIL FC BENXAMÍN - VITÓRIA SC
15:00: RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL FC BENXAMÍN

Segundo clasificación, os equipos acceden a cuartos de final