RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Donato, operado con éxito

O deportivista Donato foi intervido en Vitoria esta tarde da rotura do terzo medio do tendón de aquiles dereito con rotura de sóleo. O xogador permanecerá dous ou tres días na capital arabesa e despois regresará á cidade herculina para iniciar a súa recup

Donato, que está moi animado, terá a perna inmobilizada unha par de semanas e despois xa iniciará a rehabilitación. Estímase o prazo de recuperación en tres meses. A operación, realizada con anestesia epidural, tivo unha duración de hora e media e aplicóuselle ao xogador sutura con cinta de PDS unida a cobertura con plasma rico en factores de crecemento. Todo iso para acelerar o proceso de recuperación.