RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dous días de asueto para As Nosas despois da dura batalla

Finalizado o durísimo e esgotador encontro ante o Cacereño, Irene Ferreras viuse obrigada a cambiar os plans inicialmente previstos. As Nosas, que estaban citadas na Cidade Deportiva mañá domingo 28 ás 09:00 horas gozarán finalmente dunha xornada de descanso, ampliada tamén ao luns. Toca recuperarse mental e fisicamente para a gran final.

Así pois, o cadro deportivista adestrarase de novo o martes 30 de maio ás 10:00 horas en Abegondo.

O rival do Dépor ABANCA na final polo ascenso será o Granada CF, que apeou ao CDF Osasuna Feminino con dúas vitorias nos dous partidos de semifinais. O choque de ida será na Cidade Deportiva do conxunto andaluz por mellor clasificación das branquiazuis na liga.