RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Dous grupos de traballo na sesión matinal do Dépor

O Dépor adestrouse esta mañá en Abegondo co cadro dividido en dous grupos.

Os titulares onte ante o AD Mérida en ABANCA-RIAZOR tiveron unha xornada de recuperación física, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para os demais futbolistas, o corpo técnico branquiazul dispuxo, após un quecemento con rondos, dunha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido para concluír, todo por espazo dunha hora.

Raúl Carnero é o único futbolista que a día de hoxe está con traballo individualizado.

Óscar Cano concedeu dous días libres ao cadro, mañá luns 6 e o martes 7. Así pois, o equipo regresa aos adestramentos en Abegondo o mércores 8 a partir das 10:30.

A próxima cita en Primera Federación para Os Nosos será o domingo 12 de febreiro ás 12:00 (InSports.tv) no campo de Matapiñonera ante o UD San Sebastián de los Reyes.