RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dous partidos mañá sábado en #ANOSACANTEIRA, un deles o do Fabril ante o UD Somozas

Catro equipos de #ANOSACANTEIRA regresan á competición oficial esta fin de semana unha vez concluído o parón motivado polo Nadal.

O Fabril recibe mañá sábado 9 en Abegondo ás 17:00 ao UD Somozas, que se está mostrando como un dos equipos máis potentes da categoría.

Juan Carlos Valerón citou a todo o seu cadro. No entanto, o técnico fabrilista está a expensas do primeiro equipo. Hoxe venres, por exemplo, Adri Castro e Manu Mosquera adestráronse ás ordes de Fernando Vázquez.

O outro partido na Cidade Deportiva esta fin de semana será o do Xuvenil A, que recibe o domingo 10 ao CD Lugo no inicio da segunda volta no subgrupo A da División de Honra. Os branquiazuis, que suman 20 puntos, perseguen ao RC Celta, líder con dous puntos máis.

Fóra de Abegondo xoga o Deportivo ABANCA B, o domingo 10 ás 17:00 na Coruña (campo da Grela 1) ante o Victoria CF. Ambos os equipos víronse as caras o pasado 20 de decembro, con motivo da VIII edición do Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR. O resultado naquel partido foi de empate, resolto a favor das branquiazuis na quenda de penaltis.

Finalmente, o Xuvenil B visita mañá sábado 9 ás 16:30 á SD Compostela. Os dous conxuntos marchan igualados á fronte da táboa do subgrupo A da Liga Nacional con 18 puntos; aínda que os deportivistas teñen un partido menos xogado.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
12ª xornada: FABRIL - UD SOMOZAS, o sábado 9 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación do subgrupo A: ... 2. UD Somozas (un partido menos), 23 puntos; 3. Polvorín FC (un partido menos), 20 puntos; 4. Fabril e Racing Villalbés (un partido menos), 18 puntos; 6. CSD Arzúa e Viveiro CF, 16 puntos...

Categoría feminina
9ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 10 de xaneiro ás 17:00 na Grela 1
Clasificación de Primeira Nacional, subgrupo A: 1. Deportivo ABANCA B (un partido menos), 16 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), UD Mos (un partido menos) e Viajes InterRías FF (un partido menos), 15 puntos...

Categoría xuvenil
10ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 10 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. RC Celta, 22 puntos; 2. Xuvenil A, 20 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 16 puntos...

8ª xornada: SD COMPOSTELA - XUVENIL B, o sábado 9 de xaneiro ás 16:30 no campo da Universidade (Santiago de Compostela)
Clasificación da Liga Nacional, subgrupo A: 1. SD Compostela e Xuvenil B (un partido menos), 18 puntos; 3. Pontevedra CF, 15 puntos; 4. Racing Villalbés, 11 puntos...