Catro partidos amigables de fútbol oito con representación deportivista abren o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.
Así, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín xogaron hoxe xoves nas Eiroas ante o ED Luis Calvo (1-1 e 2-6 respectivamente) e o Benxamín A en Oleiros ante o Atlético Perillo (3-12).
Mañá venres 28, o Alevín A visita ao SDCyR Narón Freixo, a partir das 19:45.
Todos estes equipos están aínda en pretemporada e á espera de coñecer nos próximos días o calendario de competición.
Xa a fin de semana, concretamente o sábado 29 hai dous partidos en Abegondo: o Cadete, líder da División de Honra, recibe ao Coruxo FC (11:30, Abegondo); mentres que o Infantil, con Daniel Sicardi á fronte do equipo en substitución de Jonathan Martín 'Granada', ao ED Val Miñor (11:30), neste último caso segundo contra primeiro na División de Honra.
Fóra de casa, o Xuvenil B visita ao CD Choco (16:00, Redondela) e San Tirso SD Infantil ao CD Conxo Santiago (10:30 na Merced, Conxo).
Para o domingo 30 queda outra intensa xornada dominical, con dous partidos ás 12:00 en Abegondo: o Fabril ante o Viveiro CF e o Xuvenil A fronte ao Bansander. Ambos os equipos marchan á caza do liderado na Tercera RFEF e División de Honra respectivamente.
Ademais, o San Tirso SD Cadete enfróntase (11:00) no Monte ao Viveiro CF co obxectivo de ir escalando posicións na táboa; o Orzán SD Xuvenil Feminino visita ao Tomiño FC Femenino (12:00) na Primeira Autonómica.
Esta fin de semana toca descanso para o Dépor ABANCA B, posto que lle tocaba xogar contra o Tropezón SD, retirado da competición; Orzán SD Cadete B Feminino en Segunda Autonómica; e Orzán SD Infantil Feminino na Liga Galega.
A xornada en #ANOSACANTEIRA pecharaa o Orzán SD Cadete Feminino o martes 1 de novembro, día festivo, na Torre ante o PM Friol (16:00 horas) no subgrupo A da Liga Galega.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
7ª xornada: FABRIL - VIVEIRO CF, o domingo 30 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Arosa SC, 13 puntos; 2. Fabril, 12 puntos; 3. UD Ourense e Racing Villalbés, 11 puntos... 13. Viveiro CF, 6 puntos...
Categoría feminina
Clasificación de Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 16 puntos; 2. Sporting de Gijón, 15 puntos; 3. Real Oviedo B, 13 puntos...
8ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 30 de outubro ás 12:00 no campo do Alivio (Tomiño)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 19 puntos; 2. Victoria FC B e Orzán SD Xuvenil Feminino, 17 puntos; 4. Bergantiños CF e CD Lugo, 16 puntos... 8. Tomiño FC Feminino, 10 puntos...
Clasificación da Segunda Autonómica: 1. Unión Campestre FC, Orzán SD Cadete B Feminino e Orillamar SD, 12 puntos; 4. Cultural Maniños SD, 9 puntos...
4ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - PM FRIOL, o martes 1 de novembro ás 16:00 en La Torre (campo 2)
Clasificación da Liga Galega Cadete, subgrupo A: 1. Colegio Obradoiro, Victoria CF, Orzán SD Cadete Feminino e CF Noia, 9 puntos... 8. PM Friol, 0 puntos...
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 9 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino e UC Cee, 6 puntos...
Categoría xuvenil
8ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 30 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 18 puntos; 2. Xuvenil A, 17 puntos; 3. Sporting de Gijón, 16 puntos; 4. Bansander, 13 puntos...
8ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL B, o sábado 29 de outubro ás 16:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da liga Nacional: ... 3. CD Choco, ED Val Miñor Nigrán e Pontevedra CF, 14 puntos; 6. Pabellón Ourense CF, 13 puntos; 7. Xuvenil B e ED Xuventude de Oroso, 12 puntos; 9. CVC Valladares, 11 puntos; 10. CD Lugo B, 9 puntos...
Categoría cadete
9ª xornada: CADETE - CORUXO FC, o sábado 29 de outubro ás 11:30 en Abegondo
9ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - VIVEIRO CF, o domingo 30 de outubro ás 11:00 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 24 puntos; 2. RC Celta, 19 puntos... 7. Coruxo FC, 13 puntos... 19. San Tirso SD Cadete, 4 puntos; 20. Viveiro CF, 3 puntos
Categoría infantil
7ª xornada: INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 29 de outubro ás 11:30 en Abegondo
7ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 29 de outubro ás 10:30 na Merced (Conxo, Santiago)
Clasificación da División de Honra: 1. ED Val Miñor Nigrán, 18 puntos; 2. Infantil, 16 puntos; 3. RC Celta, 15 puntos; 4. Ural Español CF, 14 puntos; 5. Pabellón Ourense CF e CD Conxo Santiago, 11 puntos; 7. San Tirso SD Infantil e Victoria FC, 9 puntos...
Categoría alevín
Amigable: SDCR NARÓN FREIXO - ALEVÍN A, mañá venres 28 de outubro ás 19:45 en Narón
Amigable: ED LUIS CALVO A 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Martín López)
Categoría benxamín
Amigable: ATLÉTICO PERILLO 3 - BENXAMÍN A 12 (Alejandro Astray -4-, Hugo Bujía -2-, Hugo Quintela -2-, Javi Meiriño -2-, Miguel Candal e Pablo Sánchez)
Amigable: ED LUIS CALVO (alevín) 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Songo'o -4- e Alberto Novo -2-)
