RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dunia Dahmouni regresa á selección marroquí sub-17 para unha nova concentración

Dunia Dahmouni Lamouajed foi convocada de novo pola selección de Marrocos sub-17 para participar nuns adestramentos que terán lugar no Complexo Mohammed VI en Rabat até o próximo 9 de abril.

Durante este tempo está previsto que dispute dous partidos amigables.

O pasado mes de febreiro, a dianteira que milita no Orzán SD Xuvenil Femenino de Primera Autonómica xa estivo citada noutra concentración deste mesmo combinado nacional.

A día de hoxe Dunia suma 19 goles en 20 partidos xogados, sendo a actual cuarta máxima goleadora da categoría.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA segue achegando xogadores ás diferentes seleccións nacionais. Así, a Dunia Dahmouni e ao xuvenil Amin Mustapha, este coa selección sub-20 de Marrocos, hai que sumar a Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela sub-20; e a Kevin Sánchez, José Rey, Pablo García, Elena Vázquez, Lucía Rivas e Antía Veiga coas diferentes categorías inferiores da selección española.

/* Bot imbee */