Dunia Dahmouni xa está concentrada coa selección marroquí sub-20 até o martes 29
Dunia Dahmouni Lamouajed xa está concentrada coa selección marroquí sub-20 con motivo duns adestramentos que teñen lugar no Complexo Deportivo Mohammed VI en Salé até o vindeiro martes 29 de outubro.
Por este motivo, a dianteira orzanista causará baixa esta fin de semana tanto para o partido do sábado 26 de outubro ás 12:30 do Deportivo ABANCA B ante o RC Celta en Abegondo como do encontro do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria FC B do domingo 27 de outubro ás 16:00 na Torre.
Dunia Dahmouni participou até o momento en 4 partidos de liga en Tercera Federación co Deportivo ABANCA B, 1 deles como titular; e anotou 1 gol. En Primera Autonómica co Orzán SD Sub-21 xogou 2 encontros, ambos os como titular, e tamén marcou 1 gol.