RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dura sesión para os futbolistas que onte non actuaron de inicio ante o Cádiz CF

O Deportivo realizou esta mañá un adestramento en Abegondo co cadro dividido en dous grupos.

Os que non actuaron de inicio onte ante o Cádiz CF en ABANCA-RIAZOR tiveron unha intensa mañá de traballo, cun quecemento, un exercicio de posesión, unha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Quedaron á marxe do grupo Krohn-Dehli e Borja Valle, con molestias ocasionadas por unha contusión sufrida nun calcáneo a pasada semana.

A maiores, José Luis Martí contou cos fabrilistas Álex Cobo, Bicho, Javi Cobo e Valín.

Os titulares fronte ao conxunto gaditano saltaron ao céspede só para un paseo e continuaron con tarefas de recuperación no vestiario, con ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores 15 ás 11:00 horas en Abegondo.