RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Duscher, a nova fichaxe branquiazul

Aldo Pedro Duscher foi presentado esta tarde como xogador do Deportivo da Coruña para, como mínimo, o sete próximas campañas. O xogador manifestouse encantado coa oportunidade de xogar nun equipo como o Deportivo.

Duscher se autodefine como un xogador traballador capaz de desenvolver calquera función que o adestrador considere oportuna na banda dereita ou no medio campo.

O xogador, de 21 anos, é natural de Arxentina, pesa 80 quilos e mide 1'80. Formado no Newells Old Boys arxentino, equipo co que logrou un Campionato da 2ª División, leva dúas tempadas no Sporting de Lisboa onde a pasada campaña proclamouse Campión Nacional.

No seu haber figuran dous Campionatos Suramericanos sub-20 (1997 e 1999) e un Mundialito sub-20.

Tras a rolda de prensa de presentación de Duscher os medios de comunicación abordaron a Augusto César Lendoiro sobre as novas fichaxes da tempada, ao que o presidente deportivista respondeu que se tentaban buscar os xogadores que se necesitan a un prezo que se poida pagar, que hai xogadores que interesan pero que non sempre se concretan as fichaxes. Recoñeceu os contactos con Molina e dixo que nos próximos días pode haber unha resposta.

Os medios de comunicación insistiron no tema do convenio Concello-Deportivo, ao que Augusto César Lendoiro insistiu no xa comentado desde o Club a véspera.