RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Elena Vázquez, con minutos nun amigable de España sub-17 ante o Madrid CFF B, desprázase a Serbia hoxe venres

- Foto: @SEFutbolFem -

A canteirá deportivista Elena Vázquez está concentrada coa selección española sub-17 para disputar a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa. Esta fase xogarase en Serbia do 12 ao 18 de marzo.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

O combinado nacional pechou estes primeiros días de concentración en Las Rozas cun partido amigable ante o Madrid CFF B, no que participou Elena Vázquez (na foto á esquerda da imaxe, ao fondo, co número 4) e que acabou en goleada hispana: 7-0.

Hoxe venres 10, a expedición viaxa á localidade serbia de Stara Pazova para encarar esta fase definitiva de clasificación.

O calendario da selección española é o seguinte:

Domingo 12 de marzo
11:00: ESPAÑA - BIELORRUSIA

Mércores 15 de marzo
14:00: SERBIA - ESPAÑA

Sábado 18 de marzo
14:00: ESPAÑA - DINAMARCA

Elena Vázquez acaba de xogar un amigable ante Estonia, celebrado o 8 de febreiro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A futbolista branquiazul arrancou o choque desde o banco e no transcurso do mesmo saltou ao terreo de xogo nun partido saldado con vitoria rotunda española: 12-0.

O pasado día 12 de xaneiro, tivo tamén minutos noutro partido amigable da sub-17, que acabou con triunfo claro fronte a Alemaña (4-0).

Finalmente, Elena Vázquez xogou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para esta seguinte fase.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse xa unha praza de titular no Dépor ABANCA B, líder da Primeira Nacional, e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA.