RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Elena Vázquez inicia mañá domingo con España o Campionato de Europa sub-17 con Alemaña de primeiro rival

- Foto: @SEFutbolFem -

Elena Vázquez representa a #ANOSACANTEIRA no campionato de Europa sub-17 que se celebra en Estonia.

A defensora deportivista (na foto, a segunda na fila de pé empezando pola esquerda) ten como rivais na fase de grupos a Alemaña, Suíza e a anfitrioa Estonia.

O torneo arranca para a selección española mañá domingo ás 12:00 no Estadio Kadriorg precisamente ante a selección xermana, á que xa derrotou (4-0) na Ciudad del Fútbol nun amigable o pasado 12 de xaneiro.

O pasado mércores, antes de viaxar a Tallin, a defensa carballesa xogou a segunda parte dun partido de adestramento ante o CD Getafe Femenino, equipo de Segunda Federación FutFem, celebrado na Ciudad del Fútbol de Las Rozas. O combinado nacional sub-17 impúxose por 4-0.

O calendario da Primeira Fase de España é o seguinte:

Domingo 14 de maio
12:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Estadio Kadriorg (Tallin)

Mércores 17 de maio
18:00: ESPAÑA - SUÍZA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Sábado 20 de maio
16:00: ESPAÑA - ESTONIA, no Estadio Lilleküla (Tallin)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o 23 de maio.

Así pois, Elena Vázquez pérdese o último partido de liga do seu equipo, o Deportivo ABANCA B, en Santiago ante o Victoria FC previsto para mañá domingo 14 de maio ás 12:00. As branquiazuis xóganse o título e o ascenso a Segunda Federación FutFem co Sporting de Gijón.

O pasado mes de marzo en Serbia, a branquiazul xa participou na clasificación de España para esta Fase Final.

En febreiro disputou tamén un amigable ante Estonia celebrado na Ciudad del Fútbol de Las Rozas resolto con goleada española (12-0).

En setembro de 2022, Elena Vázquez superou coa selección española sub-17 a Rolda 1 de clasificación, antesala da celebrada recentemente en Serbia.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse unha praza de titular no Dépor ABANCA B e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA de Primeira Federación Iberdrola.