RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Elena Vázquez xógase mañá ante Portugal o liderado de grupo na Rolda 1 de Clasificación para o Campionato de Europa

Elena Vázquez Brandón, xogadora do Deportivo ABANCA B que está en dinámica do primeiro equipo, está concentrada coa selección española sub-17 na Rolda 1 de Clasificación do Campionato de Europa de Portugal.

Mañá martes ás 12:00 (hora en Galicia), a canteirá branquiazul xógase o liderado do grupo na 3ª e última xornada ante a anfitrioa Portugal. Ambos os equipos chegan empatados a 6 puntos pero por diante as españolas por mellor diferencia de goles: +10 fronte a +4 das lusas.

No segundo partido do grupo disputado o pasado sábado, a xogadora branquiazul seguiu o xogo desde o banco e non chegou a saltar ao campo no triunfo (4-1) ante a República Checa.

Elena Vazquez si foi titular na clara vitoria (8-1) ante Bosnia Herzegovina na primeira xornada. A defensa carballesa disputou os primeiros 45 minutos, que acabaron con 4-0 no marcador e co partido sentenciado.

O calendario de España sub-17, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 25 de outubro
ESPAÑA 8 - BOSNIA HERZEGOVINA 1

Sábado 28 de outubro
ESPAÑA 4 - REPÚBLICA CHECA 1

Martes 31 de outubro
11:00 (horal local, 12:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na pista de atletismo Gemeos Castro (Guimaraes)

Elena xa participara esta temporada nas dúas concentracións previas deste combinado nacional, unha delas acompañada pola tamén deportivista Lucía Rivas.

Con 16 anos recentemente cumpridos, xa foi titular esta temporada dous partidos coas Nosas en Primera Federación Iberdrola e alcanzou o subcampeonato continental coa selección española sub-17 o pasado mes de maio en Estonia. 

A defensa coruñesa renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA neste último verán.