RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Empate agridoce do Dépor ante o Sevilla

Seguramente "agridoce" foi o término más pronunciado onte á noite por todos os protagonistas do Dépor-Sevilla. Por exemplo coincidiron nesta definición do choque o Presidente Augusto César Lendoiro e o t&eacute

Míchel, que volvía aos terreos de xogo tras a súa lesión de xeonllo, foi a carta sorpresa de Miguel Anxo Lotina no once inicial ante o Sevilla. Como homes máis avanzados, o Deportivo situou a Adrián e Lassad. Por detrás, a liña de cinco sen o lesionado Lopo (Ze Castro entrou no seu lugar); e Rubén Pérez e Antonio Tomás como mediocentros. En fronte, un Sevilla que chegaba de sufrir unha dolorosa derrota en Copa ante o Real Madrid e con baixas no seu equipo tipo: Navas e Romaric non viaxaron por estar lesionados; e Kanouté, sancionado.

O partido comezou cun frenético ritmo imposto polo Deportivo, sabedor do desgaste físico que sufriu o seu rival no partido copeiro. Tanto apertou o equipo branquiazul que Lassad, ao cuarto de hora, logrou un bonito tanto por toda a escuadra nun chute desde fóra da área. Pouco antes, Adrián tivo outra gran oportunidade nun bo centro desde a esquerda de Manuel Pablo. O asturiano, totalmente só ao bordo da área pequena, cabeceou desviado con todo a favor. Tras o tanto deportivista, o Sevilla adiantou liñas e tratou de achegarse con perigo á meta de Aranzubía, aínda que sen fortuna na primeira metade.

A única pega no primeiros corenta e cinco minutos foi a lesión muscular de Antonio Tomás, que no minuto 27 deixou o seu posto a Juca a consecuencia dunha sobrecarga nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

A segunda metade arrincou co Sevilla en plan mandón. Ademais, o seu poderío ofensivo permitiulle forzar faltas ao bordo da área que sementaron nos primeiros minutos a inquietude na bancada e a preocupación no banco branquiazul. Lotina empeza a mover pezas, tratando de evitar que o equipo se replegase demasiado. Míchel, canso, deixou o seu sitio a Juan Domínguez.

Xusto na xogada seguinte ao cambio, rompeu o partido. Adrián plántase só ante Palop, que fose da área vese obrigado a cortar o balón coa man. Ayza Gámez expulsa con vermella directa á meta sevillista. Manzano, técnico andaluz, retira a Capel para dar entrada á meta suplente, Javi Varas. O Deportivo marca o segundo nun bonito desmarque de Adrián, que lle deu o gol feito a Lassad. Todo parecía visto para sentenza.

Pero chegou a incrible reacción sevillista. Primeiro cun gol de Negredo e pouco despois cun tanto de Escudei, que rebañó na área pequena un balón solto na área pequena deportivista. Pero a sorpresa foi maiúscula cando Negredo, noutro fallo defensivo, volvía pór en vantaxe ao Sevilla (2-3), xusto na recta final do partido.

O Deportivo se rehízo como puido deste forte golpe moral e foi capaz de empatar grazas a un tanto do sobresaliente Laure, moi valente todo o partido. O Sevilla protestou en masa o gol e acurralou ao xuíz de liña que levantara a bandeira ao apreciar falta sobre Juan Carlos Valerón previa. O colexiado do partido, Ayza Gámez, con bo criterio, deixou seguir a xogada mentres os "inocentes" (tal e como recoñeceu Manzano en rolda de prensa) xogadores do Sevilla fixeron a estatua.

No último suspiro, Juan Domínguez tivo o 4-3 pero Javi Varas evitouno cunha fenomenal parada.



Deportivo: Aranzubia; Laure, Colotto, Aythami, Zé Castro (Valerón, m. 80), Manuel Pablo; Adrián, Antonio Tomás (Juca,  m. 27), Rubén Pérez, Míchel (Juan Domínguez, m. 56); e Lassad.

Sevilla: Palop; Cáceres, Alexis, Escudei, Dabo; Alfaro (Acosta, m. 53), Fazio (Zokora, m. 76), Renato, Diego Capel (Varas, m. 59); Luís Fabiano e Negredo.

Goles: 1-0; m.14: Lassad; 2-0, m. 62: Lassad; 2-1, m. 63: Negredo; 2-2, m. 74: Escudei; 2-3, m. 79: Negredo; 3-3, m. 88: Laure.

Arbitro: Ayza Gámez, do colexio valenciano. Expulsou con vermella directa ao porteiro do Sevilla Palop por man fose da área tras un remate de Adrián. Ademais, amoestou a Juca, por parte do Deportivo.