RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Ensaio real para o Deportivo, cun partido once contra once en Abegondo

Natxo González fixo esta mañá un ensaio xeral de cara ao partido deste sábado 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ante o Real Oviedo.

Para iso, dispuxo 2 equipos de 11 futbolistas e ordenou un partido no campo 2 da Cidade Deportiva.

O técnico deportivista repartiu constantes instrucións co que se pode atopar o Dépor ante un rival incómodo, que aperta moito en todas as liñas; tal e como lembra cada xogador branquiazul que se pasa estes días pola sala de prensa.

Adestráronse á marxe do grupo Dubarbier, co readaptador Fran Molano; e Pedro Sánchez, no ximnasio.

Mañá xoves, o cadro está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo.