Ensaio xeral para o choque ante o Cádiz CF cun partido 11 contra 11 en Abegondo
O Deportivo realizou esta mañá un ensaio xeral de cara ao encontro ante o Cádiz CF deste domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar Partidazo).
José Luis Martí dispuxo dun partido 11 contra 11 no campo 2 da Cidade Deportiva, no que tamén participaron os fabrilistas Álex Cobo e Montiel.
Antes, o técnico deportivista dividiu ao seu cadro en dous grupos. Mentres el quedaba cun grupo de xogadores no campo 2 para un traballo táctico; o outro grupo, no anexo campo 3, realizaba un repaso de accións de estratexia baixo a supervisión de Alejandro Esteve.
Álex Bergantiños, Borja Valle e Fede Cartabia acabaron antes que o resto o traballo de campo, tal e como estaba programado polos Servizos Médicos. Pola súa banda, adestrouse á marxe do grupo Krohn-Dehli, ás ordes do readaptador Fran Molano.
Mañá venres, o cadro está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo.