RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda en Riazor para o Málaga-Dépor do sábado

Desde o luns 21 e ata o xoves 24 estarán dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor entradas para os afeccionados do Dépor que queiran acompañar ao equipo o vindeiro sábado 26 (13:00 h.) na Rosaleda. As entradas, de Tribuna Bancada Alta teñen un prezo de 20 euros.

Cada socio do Deportivo poderá comprar unha ou dúas entradas por cada carné presentado, sendo imprescindible mostrar o DNI dos destinatarios finais das localidades. As entradas estarán á venda ata o xoves 24 ás 12:00 horas, no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.