RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda en Riazor para o Osasuna-Dépor do domingo 30

Desde o sábado 22 de abril están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor as entradas correspondentes ao partido da 35ª xornada de LaLiga, o que diputarán no Sadar o CA Osasuna e o RC Deportivo o domingo 30 de abril ás 12:00 h.

En total despacharanse 350 a 30 euros cada unha, todas elas correspondentes á Zona Tribuna Preferencia Alta do estadio pamplonica. As entradas poden comprarse en horario habitual de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. (o sábado 22 de 10:30 a 13:30 h.) Para retiralas é imprescindible mostrar o carné de socio (máximo 2 entradas por carné e persoa en portelo) e identificar debidamente con DNI aos destinatarios finais das localidades (foto ou fotocopia do documento).

Os membros de peñas deportivistas deberán contactar directamente coa Federación en fepedepor@hotmail.com para xestionar as entradas que, por convenio, tramita a agrupación de peñas branquiazuis.