Entradas á venda para Deportivistas para o AD Ceuta-Dépor
A AD Ceuta FC pon á venda directamente na súa plataforma online entradas para Deportivistas de cara ao partido que o vindeiro domingo 18 ás 12:00 h. disputan no Estadio Municipal Alfonso Murube fronte ao RC Deportivo (InSports.tv).
A compra é totalmente libre polo que o RC Deportivo non intervén no proceso e non pode dar ningunha preferencia a persoas socias ou peñistas do Club.
O prezo marcado para os Deportivistas no Fondo Gol é de 15 euros e as entradas poden comprarse [seleccionando Fondo Gol, despois o número de entradas que se desexan e en tipo de entrada "entrada visitante: 15€"] aquí: https://adceutafc.compralaentrada.com/eventos/6055/5956