Entradas á venda para o Dépor-Levante da 21ª xornada (sábado 27, 13:00 h.)
As entradas para o partido da 21ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Levante UD están á venda desde o luns 15 de xaneiro.
O partido disputarase o sábado 27 de xaneiro de 2018 a partir das 13:00 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 20 euros da Tribuna Superior e os 10 euros de Marathón Superior, prezos populares para lograr o mellor ambiente posible nun dos partidos importantes da temporada.
Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 10:00 horas.
Tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es.