RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Real Oviedo

As entradas para o partido da 13ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Real Oviedo están á venda desde o mércores 31 pola tarde.

O encontro dispútase o sábado 10 de novembro ás 20:30 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 20 e os 25 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 150 euros.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa provisionalmente nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, excepto o xoves 1 de novembro, festivo. O sábado, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida.

Os afeccionados do Real Oviedo deberán seguir as instrucións do seu Club para adquirir as súas entradas para o partido.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí