RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Entradas, exclusivamente online, para o Dépor ABANCA-Espanyol do sábado

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con control de asistencia da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido da 26ª xornada de Reto Iberdrola do sábado 30 ás 12:00 horas entre o Deportivo ABANCA e o RCD Espanyol de Barcelona.

Deben retirar as entradas dispoñibles, exclusivamente de maneira telemática, non habendo retirada ou venda en despacho de billetes o día de partido, até esgotar aforo e sen ningún custo adicional, todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de aforo, repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforo nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforo. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o xoves 28 ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforo aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.