Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Fabril - UCAM Murcia do domingo 11 de maio ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido deste domingo 11 de maio ás 19:00 entre o Fabril e o UCAM Murcia, correspondente á ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación.
Poden retirar a súa invitación (gratuita e obrigatoria) e outra a maiores de acompañante, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.