RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Escoita estréase en formato APP co partido da UEFA Youth League

O proxecto Escoita, ideado por Jesús Suárez López, e desenvolvido coa colaboración do Concello da Coruña e a Fundación RC Deportivo, e a axuda do ONCE, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a Universidade da Coruña e a Facultade de Ciencias da Comunicación, dá un paso máis pasando de ser un medio analóxico a un dixital a través de APP polo que todos os asistentes a un evento ou calquera persoa, en calquera lugar do mundo, pódeo descargar para seguir a audiodescripción do partido no seu propio dispositivo móbil.

A APP, desenvolvida en colaboración con ARMIS Dixital Sport, é unha aplicación móbil que une a accesibilidade para as persoas cegas ou con problemas de visión coa tecnoloxía, destinada á narración de eventos deportivos, de diferentes modalidades, conseguindo que as persoas cegas poidan seguir ao seu equipo e a súa modalidade favorita en tempo real, convertendo un problema da industria do deporte nunha solución para a sociedade.

A plataforma, que sensibiliza sobre a importancia da accesibilidade á información e aos contidos, segue desenvolvéndose para mellorar a experiencia dos usuarios e xa foi probada con éxito na final da Copa do Rei de hockey sobre patíns na Coruña, garantindo que todos os afeccionados puidesen seguir a fase final da competición.

A próxima cita de Escoita, a primeira en formato APP, será o partido de Youth League entre o RC Deportivo e o Dinamo de Kiev do próximo mércores a partir das 19:00 h. en ABANCA-RIAZOR. A APP Escoita xa está dispoñible nas APP Store de Android e Apple.