Espectacular triunfo do Infantil A no derbi ante RC Celta: 3-5
O Infantil A levou con toda xustiza o derbi ante o RC Celta (3-5) correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título da Liga Galega.
Os branquiazuis levaron sempre a iniciativa no xogo e no marcador; e deron un golpe sobre a mesa no campo do outro gran aspirante ao título galego.
Mella, Noah -2-, Martín e Meki foron os autores dos goles deportivistas na Madroa.
Con este resultado, o Infantil A ponse á fronte desta segunda fase con 9 puntos de 9 posibles.
Infantil A: Rodrigo, Dani Ferrol, Gabriel, Carlos, Manu Berrocal, Carreira, Monteagudo, Martiño, Noah, Mella e Martín. Tamén xogaron: Meki, Domínguez, Vilela e Sierra.
A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao Arousa SC.
Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:
Victoria CF 1 - Infantil A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña) Infantil A 1 (Mella) - Xuventude de Oroso 0 RC Celta 3 - Infantil A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)