RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Esperanza deportivista

A Coruña recibiu nas últimas horas a visita duns 2.000 afeccionados británicos seguidores do Arsenal. Pero tamén están na cidade herculina algúns deportivistas residentes no Reino Unido que apoian incondicionalmente ao seu equipo.

Manuel Suárez, presidente da pena deportivista Super Depor Londres, Piño Olalla, secretario da mesma e varios integrantes da agrupación branquiazul londiniense, tanto de orixe española como británico, están na Coruña para animar ao equipo a tentar remontar a eliminatoria.

A pasada semana os membros desta pena, así como da outra agrupación deportivista londiniense, recibiron aos representantes do club branquiazul na sede das súas Penas e acompañaron ao equipo en Highbury no partido de ida ante o Arsenal.

Unha semana máis tarde están na cidade herculina co ánimo de ver ao seu equipo "marcar o 4-0 aos gunners". "Pero temos que animar todos". Derek, un inglés encantador membro da Pena Super Depor afirma apostar bastantes libras en Londres polo Deportivo (as apostas está 40 a 1). Ningún dos deportivistas británicos perde a esperanza. Algúns deles insiste en que queren ir a Parma en cuartos de final. Hoxe irán ao partido a dar ánimos ao seu equipo. "Temos que apoiar todos" din, e para dar exemplo quedarán ata o luns na cidade herculina para animar ao Deportivo ante a Valencia.

Todo un exemplo. Todo esperanza. Todo deportivismo.