Case 200 nenos comezan esta tarde en Acea de Ama a primeira quenda da segunda edición do Campus do Deportivo e do Campus de Fútbol da Deputación. Ao seis da tarde chegarán ás instalacións e unha hora máis tarde terán a primeira clase de fútbol. Ás 20:30 t
Participarán 12 nenos e nenas de Abegondo, 16 de Arteixo, 13 de Cabana, 14 de Carral, 10 de Coristanco, 15 de Culleredo, 11 de Curtis, 10 de Laxe, 22 de Laracha, 15 de Padrón e 14 de Ponteceso. En total, 152 nenos e nenas que vivirán unhas xornadas inesquecibles. Convivirán coa máis de trintena de nenos e nenas apuntados á primeira quenda do Campus do Deportivo. Están abertas as inscricións para as restantes quendas do campus. Os interesados deben dirixirse ás oficinas do club na Praza de Pontevedra 19 1º ou ao teléfono 981259500 en horario de 10 a 13.30 e de 17 a 21 horas.