RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Estado físico do cadro a 7 de outubro de 2022

Álex Bergantiños e Raúl Carnero adestráronse esta mañá co grupo nunha xornada de baixa intensidade. Os Servizos Médicos do RC Deportivo decidirán mañá sábado, ao concluír a última sesión de traballo previa ao partido en Majadahonda, se poden competir este domingo 9 de outubro ás 18:00 no Cerro del Espino.

Así pois, con adestramento individualizado quedan Trilli e Isi Gómez, supervisado polo readaptador, Álex Canosa.

Finalmente, Ian Mackay, cunha indisposición onte pola noite, non se adestrou hoxe. O meta coruñés está pendente de avaliación médica.