RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Este xoves, acto de imposición de Insignias de Ouro aos socios que cumpren 50 anos na entidade

Este xoves 26 de outubro ás 21.30 horas terá lugar o acto de imposición de Insignias de Ouro e os seus correspondentes Diplomas a aqueles socios que este ano cumpren 50 ininterrompidamente nas listas do Club.

O acto consistirá na entrega do Carné de Ouro, que permitirá ao titular acceder gratuitamente a todos os partidos do Deportivo en Riazor para toda a vida, e a Insignia de Ouro do Club. A continuación haberá unha cea homenaxeando a todos eles.

Nesta campaña, os homenaxeados, socios do Deportivo desde o ano 1956, son os seguintes:

María del Carmen Filgueira Vázquez
José Freire Vázquez
Manuel García Candal
Aurelio González Flores
Manuel Lugrís Rodríguez
José Carlos Mejuto Campos
Indalecio Mejuto Lorenzo
Carlos Pardo Vermello
Javier Somoza Ares

O Consello de Administración quere premiar por encima de todo a fidelidade da súa masa social. Por iso, as Insignias de Ouro, que outros Clubs outorgan a afeccionados relevantes, as reserva o Real Club Deportivo EXCLUSIVAMENTE para as persoas que demostran a súa fidelidade á entidade, tanto nos bos como nos malos momentos.