RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Estrella Galicia e o RC Deportivo renovan o seu acordo de patrocinio até 2028

Estrella Galicia e o Real Club Deportivo fortalecen a súa relación e colaboración coa renovación do seu acordo de patrocinio por tres temporadas máis. Así, a cervexeira galega seguirá apoiando distintas categorías do club branquiazul até 2028, reafirmando o seu sólido compromiso co deporte, co espírito inconformista que caracteriza a ambas as entidades e coa cidade da Coruña.

A marca seguirá ocupando un lugar destacado como patrocinador da primeira e segundo cadro masculino e da feminina. Ademais, dentro da aposta de Corporación Hijos de Rivera por impulsar o talento, Cabreiroá manterán o seu apoio ás categorías deportivas inferiores do club e continuará apoiando ao equipo Genuine, que promove a inclusión no fútbol e reforza os valores de esforzo, traballo en equipo e superación. 

Esta nova etapa da histórica alianza entre as dúas entidades inclúe o ano no que ambas conmemorarán o seu 120 aniversario, 2026, o que vén reforzar os valores comúns que comparten e o orgullo de ser dous dos principais símbolos coruñeses:  

"Estamos encantados de estender a nosa relación histórica co Dépor, un referente da cidade que nos viu nacer e co que ademais de compartir a mesma paixón e espírito inconformista, compartimos ano de fundación. Non se me ocorre mellor maneira de iniciar esta nova etapa que a celebración dos nosos respectivos 120 aniversarios durante 2026, ano que estou seguro converterase nun fito moi especial para todos os deportivistas e amantes da boa cervexa", destaca José Cabanas, CMO de Corporación Hijos de Rivera. 

Pola súa banda, Massimo Adalberto Benassi, Conselleiro Delegado do RC Deportivo, agradeceu o apoio incondicional da cervexeira: "É un orgullo contar cun socio como Estrella Galicia, que sempre estivo ao noso lado en todas as etapas. Xuntos seguimos construíndo o futuro do Deportivo".