RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Eva Dios, citada para uns adestramentos da selección española sub-20

Eva Dios foi convocada pola selección española sub-20 para uns adestramentos que terán lugar na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael do luns 23 ao mércores 25 de maio.

A atacante branquiazul, que xa sabe o que é unha citación deste combinado nacional, forma parte do grupo de internacionais nas categorías inferiores de España que militan no Deportivo ABANCA e Deportivo ABANCA B, caso de Ainhoa Marín, Carlota Sánchez, Paula Novo ou Abril Pazos, esta última do Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira División Galega.