RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Exercicio táctico para o Dépor no campo 3 con Lucas e Mella facendo un traballo distinto co fin de estar en condicións o sábado

Un exercicio táctico no campo 3 da Cidade Deportiva de Abegondo foi a tarefa principal do Dépor esta mañá, despois dunha activación con rondos.

Están con adestramento personalizado Lucas Pérez e Mella; mentres que Rubén foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

En rolda de prensa, Iván Barbero explicou que ambos atacantes "están a facer un traballo distinto ao do grupo. Creo que van estar dispoñibles para esta xornada", en referencia ao partido deste sábado 16 de marzo ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) ante o CE Sabadell FC.

O dianteiro deportivista admite que "son dous xogadores desequilibrantes arriba, que marcan diferenzas. Necesitámolos sobre todo no estado de forma no que están".

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK