Fabril e Xuvenil A, con cita de pretemporada este sábado 3 de agosto en Abegondo e Val do Dubra
Nova semana de pretemporada en ANOSACANTEIRA cun novo equipo que se sumou este mércores 31 de xullo aos adestramentos, o Xuvenil B (na foto da noticia), campión da Liga Nacional.
O equipo de Miguel Figueira únese así ao Dépor ABANCA B e ao Xuvenil A, que este sábado terá o seu primeiro test de pretemporada en Val do Dubra ante o conxunto local de Preferente Autonómica.
Tamén este sábado o Fabril mídese en Abegondo a partir das 11:30 ao Bergantiños CF, recentemente ascendido a Segunda Federación como campión de Tercera RFEF.
Son baixa por problemas físicos Vilela, Mardones, Dylan e Álex Pereira, este lesionado ante o CD Lugo o pasado mércores en Vilalba.
A lista de convocados do filial está formada por: Rodrigo, Hugo Ríos, Samuel, Quique Teijo, Marotías, Aarón, Hugo Torres, Íker Vidal, Pablo Parada, Carreira, Garrido, Noé, Alfaro, Manu Ferreiro, Álex Delgado, Guerrero, Nájera, Javi, Hugo Villaverde, Luisao, Dani Estévez e Domínguez.
Até a data, no seu tres primeiros exames de pretemporada o conxunto de Óscar Gilsanz derrotou ao Silva SD en Abegondo (1-0) e ao Atlético Arteixo (0-3) en Ponte dos Brozos, no Memorial Lisardo Campos; e caeu na Magdalena de Vilalba ante o CD Lugo (3-0).
O calendario de amigables desta semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación Mércores 31 de xullo: CD LUGO 3 - FABRIL 0 FABRIL - BERGANTIÑOS CF, este sábado 3 de agosto ás 11:30 en Abegondo
Categoría xuvenil DUBRA SD (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, este sábado 3 de agosto ás 19:00 no campo da Telleira (Val do Dubra)