RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Fabril - Palmar, primeiro asalto da Fase de Ascenso mañá ás 12.00 en Riazor

  Mañana domingo, o Palmar CF Estrela Semente de Murcia é o rival do Fabril na primeira eliminatoria do Play Off de Ascenso a Segunda División B. O partido de ida será mañana domingo 22 ás 12.00 no Estadio de Riazor; e

Como é habitual en toda a tempada, os socios deportivistas teñen libre acceso ao encontro. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes desde as 10:30 horas. Abriranse inicialmente ao público as portas de Tribuna (avenida de Manuel Murguía).

Manu Mosquera citou a todo o seu persoal excepto ao lesionados Pancho, Jorge e Anxo.
 
Hoxe, sábado intenso para a canteira deportivista con frontes abertas en Abegondo, Riveira e Cornellá (Barcelona).
 
En Abegondo, o Xuvenil B finalizou como campión a liga Nacional cun empate co Celta (2-2). Antes, o Infantil A acabou a liga Galega como subcampión con outra igualada ante o Santiago de Compostela (0-0).
 
Tamén acabou a competición o Cadete B como campión da liga Galega. Empatou (2-2) co Bergantiños nun partido intranscendente de face á clasificación final.
 
Por outra banda, o Alevín A e o Benjamín A de o Deportivo proclamáronse campións das Fases Finais Norte de fútbol oito, en Riveira e Abegondo respectivamente. Os dous equipos xogarán a Fase Final Galega.
 
Finalmente, un combinado do Alevín A e Alevín B deportivista afronta mañá domingo 22 de maio a Fase Consolación da Danone Nations Cup, o maior torneo do mundo de fútbol alevín. O rival será o Espanyol.
 
A xornada arrincou o pasado mércores coa visita do Xuvenil B ao Pontevedra, en partido aprazado do fin de semana pasado. Caeron os branquiazuis (3-1) nun final de encontro polémico.
 
O xoves, a quenda foi para o derbi cadete da División de Honra co que o Cadete A puxo o punto e final á liga. O tres puntos caeron ao lado celeste (1-2), que aproveitou a expulsión do deportivista Dani para desnivelar o encontro na segunda parte.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
Primeira eliminatoria Play Off de Ascenso a Segunda B, ida: FABRIL - PALMAR, o domingo 22 de maio ás 12.00 en Riazor
 
Categoría Xuvenil
 
Liga Nacional, xogado o pasado mércores: PONTEVEDRA 3 - XUVENIL B 1 (Boedo)
Hoxe sábado: XUVENIL B 2 (Mosquera e Héctor) - CELTA 2
 
Categoría Cadete
 
División de Honra, xogado o pasado xoves: CADETE A 1 (Valín) - CELTA 2
 
Liga Galega, grupo 1º: BERGANTIÑOS 2 - CADETE B 2 (Mosquera e Ernesto)
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 0 - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0
 
Categoría Alevín
 
Danone Nations Cup
Primeira Fase, na Cidade Deportiva Dani Jarque (Sant Adriá de Besós, Barcelona)
SANTA MARTA 1 - DEPORTIVO 0
MÁLAGA 7 - DEPORTIVO 0
DEPORTIVO 2 (Trigo e Dani) - CORNELLÁ 8
 
Fase Consolación 
Domingo 22 de maio
18.15: ESPANYOL - DEPORTIVO
 
Fase Final Norte de fútbol oito na Fieiteira (Riveira)
Primeira Fase
ALEVÍN A 3 (Matías, Iván e Sergio) - EF LALÍN 0
ATLÉTICO RIVEIRA 0 - ALEVÍN A 10 (Enrique (2), Baldomar (2), Eloy, Hugo García, Lourido, Matías, Dani e Álvaro)
ALEVÍN A 6 (Enrique (2) Baldomar (2),
Matías e Iván) - CALASANZ 0
 
Semifinal
ALEVÍN A 3 (Álvaro, Quique e Diego) - IMPERÁTOR 0
 
Final
ALEVÍN A 2 (Baldomar e Quique) - CALASANZ 0
 
Categoría Benjamín
 
Fase Final Norte de fútbol oito, na cidade deportiva do RC Deportivo en Abegondo
 
Primeira Fase
LUGO 1 - BENJAMÍN A 7 (Pablo, David, Samuel, Iván, Óscar, Hugo e Adrián)
BENJAMÍN A 10 (Adrián (3), Óscar (3), Pablo (2), Samuel e Hugo)- NOIA 0
BASTAVALES 0 - BENJAMÍN A 10 (Hugo (2), Adrián (2), Álvaro (2), Óscar, Samuel, Pablo e Lucas)
 
Semifinal 
BENJAMÍN A 2 (Adrián e Samuel) - CALASANZ 0
 
Final
BENJAMÍN A 1 (Hugo) - URAL 1. Por penaltis: 4-3