RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Falece Juan Emery, porteiro do Deportivo a principios dos 60

  O exportero do Real Club Deportivo Juan Emery Alza (Irún, 1933), falleció esta mañana na localidade guipuscoana de Hondarribia.

Emery defendeu a portaría do Deportivo entre 1959 e 1962 en 54 ocasións, sempre en Segunda División, aínda que formou parte do equipo que ascendeu a Primeira na súa última tempada na Coruña. Jesús Barrio e Juan Otxoantezana foron os seus adestradores nun vestiario do Dépor que compartiu, entre outros moitos, con Amancio Amaro. As do Logroñes, tamén 3 tempadas, Sporting (2), Recreativo (1) e Granada (1), foron, xunto á Real Unión de Irún, o equipo da súa terra, as camisetas que defendeu Juan Emery.
 
O Real Club Deportivo quere expresar o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Juan Emery, especialmente ao seu fillo Unai, actual adestrador do Sevilla FC. Descanse en Paz.