RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Fernando Vázquez e Albert Gil, mañá en Vimianzo

O Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol, presidido por Iván Cancela, organiza mañá luns 3 de febreiro en Vimianzo unha xornada formativa na que participarán Albert Gil, director do fútbol formativo do RC Deportivo e Fernando Vázquez, adestrador do primeiro equipo. Ao evento tamén asistirá como convidado o presidente Fernando Vidal.

O encargado de abrir a xornada será Albert Gil. "Da ilusión á profesión" é un relatorio co que pretende narrar a súa experiencia no mundo do deporte rei centrado nas categorías inferiores. Logo chegará a quenda de Fernando Vázquez nunha conversa con César Méndez ao redor da figura do míster, ante máis de 200 inscritos para asistir ao evento.