RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Festa do fútbol Genuine coruñés na Gándara

O Dépor e o Racing de Ferrol viviron esta tarde unha bonita xornada de fútbol e deportividade no Campo da Gándara, en Ferrol, que acolleu un encontro amigable entre os equipos Genuine de ambas as entidades. O choque quedou na cidade departamental por un marcador final de 3 a 1 nun partido no que os xogadores e as familias gozaron dunha xornada especial.

Polo Dépor Genuine participaron: Andrés Barbeito, Nuria Barreiro, Gabriel Cives, Xavier García-Armeiro, Sergio Díaz, Roi González, Daniel Granell, Álvaro López, Alejandro Lugrís, Cristiá Machado, Samuel Martínez, Anxo Martínez, David Miranda, Álex Pereira, Alberto Piñeiro, Álex Rey, Miguel Rivas e Álvaro Vidal.