Fiateira Motor, concesionario oficial do grupo FCA que representa ás marcas Fiat, Abarth, Alfa Romeo, Jeep e Fiat Professional, e o Real Club Deportivo chegaron a un acordo para que o concesionario coruñés sexa novo patrocinador do Club. Deste xeito, Fiateira Motor convértese, desde esta temporada, no provedor dos vehículos oficiais do Real Club Deportivo.
Con esta nova alianza, os coches de representación do Club serán da marca Jeep, insignia representada por Fiateira na Coruña. Os directivos e empregados con necesidades de mobilidade do Real Club Deportivo terán á súa disposición vehículos de dous dos modelos da marca estadounidense de vehículos SUV e 4x4: o Jeep Renegade e o Jeep Compass.
O apoio de Fiateira Motor ao Real Club Deportivo complétase noutro segmento crave no día a día da entidade, o do transporte de persoas e material entre as diferentes instalacións e por toda a comunidade autónoma. Deste xeito, o Dépor disporá de furgonetas da marca Fiat Professional, outro dos emblemas do concesionario coruñés, cos que, fundamentalmente, darase servizo a todas a canteira branquiazul co transporte diario de futbolistas desde diferentes puntos de Galicia. Os vehículos da gama Fiat Professional a disposición do Club son unha Fiat Doblò e unha Ducato para o transporte de materiais; e cinco Fiat Talento para o desprazamento das novas promesas do Deportivo.
Na presentación pública do acordo, que tivo lugar este mediodía no Estadio ABANCA-RIAZOR, ante unha representación dos novos vehículos do Dépor, participaron Joaquín Pérez Bellido, director da área de turismos de Pérez Rumbao, Jacobo Ramos Rico, xerente de Fiateira Motor, Víctor Eiranova, director comercial de Fiateira Motor e, como anfitrión, o presidente do Real Club Deportivo, Francisco Martínez Zas. O máximo dirixente do Dépor agradeceu persoalmente aos responsables de Fiateira Motor o seu apoio decidido ao Club para que o Dépor poida dispor dos modelos Renegade e Compass como novos vehículos oficiais.
