RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Filipe: Á afección dígolle que deixaremos a última pinga de sangue polo Dépor

Filipe se sometió esta mañana ás preguntas dos medios de comunicación na sala de prensa do Mundo do Fútbol.

-Péchase un ano 2009 quizais o mellor da túa carreira deportiva
-Si. Xoguei moitos partidos, e gañamos máis que perdido. Ademais puiden debutar coa Selección de Brasil. Pero non me conformo con ésto.

-O domingo atopárdesvos con Lafita, un ex compañeiro.
-É unha persoa incrible e que deixou un gran buraco no vestiario.

-Vén un mes de xaneiro complicado e sobre todo para tí, que pola túa posición igual tes que xogalo todo.
-Eu encantado. Por éso non vai haber problema.

-¿Crees que neste mes se poderá definir o que será o Dépor esta tempada?
-Non. Para min a liga defínese no últimos dez partidos. Pero xogamos ante rivais (Athletic Club, Real Madrid, Mallorca...) aos que será importante quitarlles puntos. Pero bo será un mes bonito porque todos imos ter oportunidades de xogar e hai que gozalo.

-¿Tes algo que dicir sobre as dificultades para cobrar o voso salario estes días?
-É un tema que saíu na prensa pero nós non falamos. Ademais, con 12.000 euros ao mes é suficiente para vivir, creo eu imos.

-Comprobamos un antes e un despois de Filipe co que pasou co Barcelona.
-Aprendín moitas cousas co que vivín. Sei en quen podo confiar e en quen podo esperar algo. Tamén aprendín que o fútbol é momento.

-¿Que mensaxe mandaríaslle á afección do Deportivo?
-Que estea moi tranquila porque por aquí pasaron grandes xogadores que o deron todo e nós non imos ser menos. Deixaremos a última pinga de sangue polo Dépor.