RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Fin da xira venezolana cunha malleira ao Deportivo Italia 4-0

Finalizou a xira venezolana cunha gran goleada deportivista ao Deportivo Italia por 4 goles a 0. O partido coincidira cun día chuvioso e a parcial coincidencia coa final da Copa de Europa de Nacións. De todos os xeitos os deportivistas fixeron un partido

Mañá chegarán os coruñeses a Labacolla
UNHA VITORIA SOADA (4-0)

R.C.DEPORTIVO: Jorge; Belló, Piris, Vituco (Pardo); Vales, Ballesta; Piño, Núñez (Richard), Traba, Cocco (Rivas) e Pousada (Miguel).

O Deportivo realizou un partido soberbio, pleno de clase e forza. Martín utilizou con sumo acerto a todos os xogadores que se desprazaron á xira, excepción feita de García, que estaba aínda con molestias tras un proceso intestinal.

No tres primeiros minutos xa o Deportivo botara tres córneres e foille anulado un gol de Pousada a pase de Piño por fóra de xogo.

Os coruñeses estaban a xogar primorosamente, sen unha fisura nas súas liñas, entre a compracencia e o aplauso da numerosa colonia galega. (...) Con todo os goles tardaron en chegar, xa que o primeiro produciuse no minuto 27, nunha falta lanzada por Piño e un precioso cabezazo de Piris, que meteu o balón axustado ao pau (...).

No minuto 32 bo servizo de Núñez e disparo sen parar de Pousada, alto. No 39 produciuse a sorprendente anulación doutro precioso gol de cabeza de Pousada. Faltando catro minutos para o descanso, sensacional xogada de Piño, que burlou a defensas e porteiro, marcando un gol de antoloxía ao darlle ao balón con efecto e colocándoo entre o porteiro e o pau contrario. E xa no último minuto desta fase chegaría o 3-0, obra de Traba, o rematar co pé por encima do porteiro en parábola, un rexeitamento da meta Tunzi.

(...) Aos 18 minutos da segunda parte subiu ao marcador o definitivo 4-0, obra de Miguel a pase de Núñez, tras unha gran xogada de Piño. Miguel relevara momentos antes a Pousada.

Co 4-0 e o temor de que caesen aínda máis goles, os italianos perderon os nervios, mal guiados por Mendoza (...) e sacaron a relucir dureza e malas formas.