RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin de festa ao grande do DéporCampus Cabreiroá 2022 coa visita en Abegondo de 14 futbolistas branquiazuis

Os futbolistas do Deportivo Edu Sousa, Diego Villares, Yeremay, Santamaría, Rubén Díez, Isi Gómez e Quiles; e as do Dépor ABANCA Patri López, Millene, Lorena Reina, Letti, Raquel García, Carlota Suárez e Yohana puxeron este mediodía o punto final ao DéporCampus Cabreiroá 2022 cun emotivo acto na sede de Abegondo.

Co de Catoira (Pontevedra), que tamén concluíu hoxe, clausúrase así unha actividade que este verán pasou os 1.600 alumnos; todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo.

Os 165 nenos e nenas participantes nesta última quenda de Abegondo arrancaron a mañá cos tradicionais inchables.

Ao mediodía, cando acabou o adestramento matinal do primeiro equipo masculino e feminino, os e as futbolistas citados anteriormente pasáronse polo campo de herba sintética da Cidade Deportiva, entregaron os diplomas a todos os participantes e asinaron autógrafos en camisetas, botas... Un emotivo broche final deste verán en branquiazul.

Para calquera consulta ou aclaración acerca dos DéporCampus Cabreiroá poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.