RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin de semana de torneos amigables para os alevíns e benxamíns do Club en Boiro, Ribadumia e Torrelavega

Os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor, concluídas as súas competicións oficiais, teñen torneo amigable esta fin de semana.

Así, o Alevín A participa na XXV edición da Arousa Fútbol 7 no Complexo da Senra en Ribadumia.

Pola súa banda, o Fabril FC Alevín e o Benxamín A compiten no campo de Barraña de Boiro no Torneo Internacional Jealsa Concello de Boiro, que ten carácter benéfico en favor da Fundación Aladina.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín debuta xa o venres no Torneo San Bernabé na localidade cántabra de Torrelavega.

FC Barcelona, Manchester City FC, Valencia CF e Pabellón Ourense CF, rivais do Alevín A en Ribadumia

O Alevín A quedou encadrado no grupo C na Primeira Fase da XXV edición da Arousa Fútbol 7 que se disputa este ano no complexo deportivo da Senra en Ribadumia.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 27 de maio
11:20: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN A
17:20: ALEVÍN A - FC BARCELONA

Sábado 28 de maio
10:50: ALEVÍN A - MANCHESTER CITY FC
18:15: VALENCIA CF - ALEVÍN A

Os tres primeiros de grupo pasan á fase final mentres que os dous restantes xogan unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado ás 19:35 e o domingo 29 de maio.

Dobre representación do Club no Torneo benéfico Jealsa Concello de Boiro

Dous equipos, Fabril FC Alevín e Benxamín A, representarán ao Club no Trofeo Internacional Jealsa Concello de Boiro que se xoga no campo de Barraña.

O Fabril FC Alevín quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, co CD Mosconia, EFM Boiro C e CD Unión.

O calendario do equipo fabrilista é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
16:17: FABRIL FC ALEVÍN - CD UNIÓN
20:30: FABRIL FC ALEVÍN - EFM BOIRO C

Domingo 29 de maio
12:50: FABRIL FC ALEVÍN - CD MOSCONIA

Os dous primeiros de grupo accederán a oitavos de final, que arrancan ás 15:23.

Pola súa banda, o Benxamín A ten como rivais no grupo A a ED Xuventude de Oroso, Puebla FC, CCD Taragoña e Gondomar CF.

O calendario é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 28 de maio
16:40: BENXAMÍN A - PUEBLA FC
18:35: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
20:07: BENXAMÍN A - CCD TARAGOÑA

Domingo 29 de maio
12:48: BENXAMÍN A - GONDOMAR CF

Os dous primeiros de grupo accederán a oitavos de final, que arrancan ás 15:23.

O Fabril FC Benxamín, en Torrelavega

O Fabril FC Benxamín participa desde este venres no Torneo San Bernabé, na localidade cántabra de Torrelavega.

O conxunto fabrilista medirase na primeira fase á SD Solares, Santutxu FC e Betis CF Valladolid.

O calendario do Fabril FC Benxamín é o seguinte:

Venres 27 de maio
20:40: FABRIL FC BENXAMÍN - SD SOLARES

Sábado 28 de maio
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - SANTUTXU FC
16:50: FABRIL FC BENXAMÍN - BETIS CF VALLADOLID

En función da clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha segunda fase.