RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Fin de temporada para #ANOSACANTEIRA con medalla de bronce para o Fabril FC Alevín en Portugal

Último día da temporada 2021-22 para #ANOSACANTEIRA. Hoxe domingo 3 de xullo, o Fabril FC Alevín pechou a campaña coa final de consolación da Miranda Cup en Portugal, na que se colgou a medalla de bronce.

Atrás quedan case 12 meses de adestramentos, partidos, ximnasio, fisioterapia, miles de quilómetros na estrada, algún que outro parón forzoso por COVID, alegrías polos títulos e as vitorias, tristezas polas derrotas ou polos obxectivos non cumpridos; pero sempre coa cor branquiazul presente na roupa e no corazón de xogadores, adestradores, técnicos, delegados, médicos, fisioterapeutas, utileros, auxiliares, persoal de limpeza e lavandaría, xardineiros...

Agora veñen unhas semanas de merecido descanso ata que arranque de novo a pretemporada.

Ademais nesta última semana da temporada, o Benxamín A clasificouse o pasado mércores para a final do Mini Teresa Herrera, que se xoga en ABANCA-RIAZOR como preámbulo do Trofeo Teresa Herrera feminino e masculino. O seu rival será o Ural Español CF.

Finalmente, #ANOSACANTEIRA, co Alevín A e Benxamín A, conseguiu dous ouros na XXX edición do Torneo Ciudad de La Coruña na Torre, organizado polo Orillamar SD.

O Fabril FC Alevín cólgase a medalla de bronce da Miranda Cup

O Fabril FC Alevín (foto principal) puxo o punto final á temporada 2021-22 para #ANOSACANTEIRA coa súa participación na Miranda Cup, torneo que se celebrou na localidade lusa de Miranda do Corvo.

O conxunto fabrilista, após caer onte sábado en semifinais co FC Porto, pelexou hoxe pola medalla de bronce, no último partido da temporada 2021-22 para #ANOSACANTEIRA. O seu rival foi o Vitória SC Guimarães e o triunfo foi fabrilista: 3-2.

Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:

Primeira Fase
Xoves 30 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 14 (Thiago Montes -5-, Mario González -3-, Javi Barral -2-, Manu Alcázar -2-, Nico Torres e David) - CLUBE CONDEIXA 0

Venres 1 de xullo
FABRIL FC ALEVÍN 13 (Thiago Montes -4-, Javi Barral -3-, Manu Alcázar -2-, Hugo Caridade, Antón Vilariño, Daniel Alonso e Mario González) - FIÃES SC 0
FABRIL FC ALEVÍN 15 (Nico Torres -4-, Javi Barral -4-, Thiago Montes -3-, Mario González -2-, Sergio Infante e Manu Alcázar) - GD ATOUGUIENSE 0

Sábado 2 de xullo
Fase de Ouro
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 8 (Mario González -4-, Antón Vilariño, David Gómez, Javi Barral e Nico Torres) - ACADÉMICA DE COIMBRA 1

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Javi Barral) - FC PORTO 2

Domingo 3 de xullo
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Mario González -2- e Thiago Montes) - VITÓRIA SC GUIMARÃES 2

O Benxamín A, finalista do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A derrotou (7-0) ao Orillamar SD e clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera, partido que se xoga no Estadio ABANCA-RIAZOR como preámbulo ás finais feminina e masculina. O seu rival será o Ural Español CF.

Nos cuartos de final, o pasado martes o Benxamín A impúxose (7-0) ao CD Calasanz e o luns, o Fabril FC Benxamín caeu (5-0) ante o Ural Español CF.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Cuartos de final
URAL ESPAÑOL CF 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
BENXAMÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa -2-, Iván Gil, Martín López e David Gómez) - CD CALASANZ 0

Semifinal
BENXAMÍN A 7 (Hugo Macedo -2-, David Gómez -2-, Hugo Pousa, Martín López e Iván Gil) - ORILLAMAR SD 0

Final
BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, en ABANCA-RIAZOR

Alevín A e Benxamín A gañaron o Trofeo Ciudad de La Coruña

Dous equipos, Benxamín A e Alevín A, participaron esta semana na XXX edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña que organiza o Orillamar SD nos campos da Torre.

O martes 28 entrou en xogo o Alevín A, que tivo como rivais iniciais no grupo A da Primeira Fase ao Silva SD, Sporting Cambre e Orillamar SD C. Despois de quedar campións de grupo, os branquiazuis superaron ao UD Almeiras (cuartos de final), Sporting Coruñés SD (semifinais) e ED Xuventude de Oroso (final).

O deportivista Gabri Abruñedo foi elixido o mellor xogador do trofeo nesta categoría.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 6 (Iago Lameiro -2-, Gabri -2- e Raúl) - SILVA SD 0
ALEVÍN A 12 (Raúl -4-, Martín Forján -2-, Guille -2-, Pablo Somoza, Iago Lameiro, Antón e Gabri) - ORILLAMAR SD C 0
ALEVÍN A 4 (Antón, José Quiroga, Guille e Raúl) - SPORTING CAMBRE 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Martín Forján e Antón) - UD ALMEIRAS 0

Semifinal
ALEVÍN A 5 (Raúl -2-, Martín Forján -2- e Iago Lameiro) - SPORTING CORUÑÉS SD 0

Final
ALEVÍN A 5 (Gabri -3-, Pablo Somoza e Raúl) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

O luns 27 de xuño a quenda foi para o Benxamín A, que quedou encadrado no grupo D da Primeira Fase co UD Carral, Sporting Coruñés SD e Orillamar SD C.

Os branquiazuis dominaron o torneo. Após quedar campións do seu grupo, venceron ao Galicia Caranza (cuartos de final), ED Luis Calvo Sanz (semifinais) e Victoria CF (final).

O deportivista Nacho Villanueva foi elixido mellor xogador.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 10 (Nacho Villanueva -5-, David Gómez-2-, Iván Gil -2- e Hugo Pousa) - UD CARRAL 0
BENXAMÍN A 8 (David Gómez -2-, Brais Martínez-2-, Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa e Nacho Villanueva) - ORILLAMAR SD C 0
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -3-, Brais Martínez -2-, Hugo Pousa -2-, Jorge Fernández e David Gómez) - SPORTING CORUÑÉS SD 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 6 (David Gómez -2-, Hugo Macedo, Nacho Villanueva, Iván Gil e Martín López) - GALICIA DE CARANZA 1

Semifinal
BENXAMÍN A 5 (David Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Iván Gil) - ED LUIS CALVO SANZ 1

Final
BENXAMÍN A 4 (Martín López, Hugo Macedo, Iván Gil e Nacho Villanueva) - VICTORIA CF 1