RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Forte demanda de entradas para o Deportivo - Betis

Desde onte mesmo xa están á venda as entradas para os socios deportivistas e o público en xeral posto que o domingo é xornada económica e a directiva deportivista desexa dar as máximas facilidades aos afeccionados para o encontro ante o Betis.

Arbitrará García Aranda

O persoal iniciou xa o traballo con vistas a tan importante encontro co Betis, un dos favoritos para o ascenso.... Fran, tras realizar unha radiografía, limitouse a realizar a fase física de exercicios de chan mentres que os demais, incluídos Gustavo e Manuel cumpriron todo o programa con carreiras, tiros a gol e pachanga. O único ausente, Jorge, con problemas bucais.... Para dirixir o encuento foi designado o madrileño José María García Aranda Encinar, vello coñecido da afección coruñesa e que hai pouco máis de tres meses estivo no Colombino de Huelva pitando ao Deportivo nun partido que concluíu con vitoria onubense por 1-0...