RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso asegura que "estamos nun bo momento" e subliña que "sentimos fortes"

Fran Alonso subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "levamos os últimos partidos bos. O equipo está a crecer, cada vez véxoo mellor".

Destaca ademais o regreso de xogadoras "que nos dan moito como Espe. Logo Lucía Rivas está a coller a forma porque estivo moito tempo parada".

O técnico deportivista pensa que "estamos nun bo momento. As xogadoras teñen moitísimas ganas de xogar. Adestran con moita fame, con moita calidade. Por iso esas boas sensacións. A pesar de que os resultados non estaban a ser como queriamos as sensacións no vestiario sempre eran moi boas. Sentimos moi fortes e temos moita confianza en que o equipo vai ir para arriba".

Do FC Badalona Women, rival este domingo 18 de xaneiro ás 12:00 (Dazn) no Estadi Municipal de Palamós - Costa Brava, opina que "suma 8 empates. Só perdeu 4 veces. É moi difícil xerarlle ocasións. Ten unha defensa moi sólida. É moi combinativo. Ten moitísima mobilidade, xogadoras de moito talento. É moi difícil facerlle dano".

No entanto, apunta que "temos armas e se estamos ao noso mellor nivel vailles a ser difícil contrarrestarnos. Por iso temos confianza de poder facerlles dano".

Finalmente, preguntado pola lesión de Millene, Fran Alonso manifestou que "é unha lesión dolorosa na clavícula. Está frustada. Non tivo continuidade este ano polas lesións. A pesar diso leva 3 goles. Xa en pretemporada veu moi ben, nunha forma espectacular. Unha pena. Estou triste por ela. Xa está a pensar en volver. Aquí estamos todos para apoiala. Ímola a botar de menos. Desexarlle o mellor e que volva canto antes".