RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso cre que Hildah Magaia "vainos a achegar esa experiencia que é necesaria no vestiario"

Fran Alonso asegura que "hai moita incerteza" sobre o Madrid CFF, rival do Dépor ABANCA este domingo 8 de febreiro ás 14:00 (Dazn) no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada: "Cambiaron de formación nos últimos 4 partidos. Están a probar cun novo míster. Levan 3 derrotas. Non deron coa tecla aínda. (José Luis Sánchez) É un adestrador con moita experiencia e moi bo. E teñen moi bo equipo. É cuestión de tempo que dean coa tecla".

Explica que "xogaron en liña de 4, de 5, de 3... Estamos a nos centrar en levar nós o control do xogo, aínda que vai ser difícil porque o Madrid CFF ten moi bo trato de balón".

Finalmente mostrouse "moi contento" con mercado de inverno. "Era importante suplir a ausencia de Millene, para nós unha xogadora moi importante non só pola calidade futbolística senón polo que achega no vestiario. Hildah Magaia leva 3 anos en México, con moitísima experiencia. Vainos a achegar esa experiencia que é necesaria no vestiario", engadiu.